Brais Abelenda "Faltou, de novo, acerto nas áreas"
O autor do tanto granate analiza a derrota no debut de Juan Señor no banco pontevedrés

O Pontevedra C. F. non puido cumprir o dito de "adestrador novo, vitoria segura". No primeiro encontro de Señor como técnico do conxunto do Lérez, os granates non puideron sacar nada positivo e cada vez ven máis lonxe a permanencia. A derrota co Fuenlabrada failles perder tamén o average cos madrileños. A Radio Galega conversou con Brais Abelenda na zona mixta do Fernando Torres.
"Fisicamente estou ben. Hoxe completei os 90 minutos. Na 1ª parte estivo disputado, con chegadas, condicionado polo penalti e expulsión. Na 2ª metade puidemos empatar e nese momento, nos seguintes minutos, con opcións, pero a contra e o infortunio deulles o dous a un. O rival acomodouse cun xogador máis, eles xa se vían coa vitoria. Faltou o de sempre, acerto nas areas. Diante costa marcar. En defensa, cada erro costa caro".