Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bos prezos e boas capturas no inicio da costeira do bonito

Bos prezos e boas capturas no inicio da costeira do bonito

Os armadores prevén unha campaña curta e confían en que os prezos compensen a suba dos gastos polo combustible

G24.gal 14/06/2022 14:03

O prezo do combustible está nos cálculos de todos os que estes días se unen á costeira do bonito. Unha campaña que arrancou con bos prezos e boas capturas.

Así o explica a armadora susana Piñon, que relata que teñen "máis gastos pero agora é un bo prezo, segundo suba a costeira canto máis peixe haxa, baixará o prexo, pero estase aguantando".

Unha impresión que comparte o xerente da Asociación de Armadores de Burela, Miguel Neira, quen lembra que "nos últimos dous anos o prezo medio estivo en 4 euros e aspiramos a que este 2022 os prezos estean lixeiramente por riba para compensar o incremento do custe do combustible".

Normalmente, a estas alturas, os barcos galegos teñen que desprazarse ata Os Azores para pescar. Este ano, o bonito xa está no Cantábrico, minimizando os custos de explotación. A cambio tamén son moitos máis os barcos pequenos que se unen xa á costeira por estar máis próximos.

Neira  recoñece que "se concentra a oferta nun período curto que podería baixar os prezos, pero nos últimos anos, con circunstancias semellantes, non se resentiron".

A costeira do ano pasado foi a máis curta da historia. Os armadores estiman que este 2022 será semellante cunha cota de algo menos de 18.000 toneladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade