Publicador de contidos

Borracheira de ocasións no empate do Arousa en Palencia (1-1)

Borracheira de ocasións no empate do Arousa en Palencia (1-1)

G24.gal 31/10/2021 21:33

Palencia e Arousa empataron en La Balastera nun partido no que houbo moitas ocasións. Un disparo desde a frontal de Javi Bueno permitiulle adiantarse ao equipo local (minuto 16). Pouco despois foi expulsado o coruñés Vivito, xogador do cadro palentino. O Arosa tirou proveito da circunstancia e empatou antes do descanso cun remate de Luismi.

Na segunda metade os dous equipos dispuxeron de grandes ocasións pero, unhas veces os porteiros e outras a falta de acerto, impediron que se movera o marcador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos