Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez: "Non todos poden ir á mesma velocidade"

Borja Jiménez: "Non todos poden ir á mesma velocidade"

Os tres equipos da 1RFEF xogan mañá ás 12:00

G24.gal 12/02/2022 14:59

Volve viaxar o Deportivo na busca destas imaxes e sensacións de conquista coas que ultimamente agasalla á súa afección.

Un deportivismo que anda moi pendente do partido aprazado ante o Racing de Santader, principal rival agora mesmo para o líder, e tamén das perlas xuvenís ovacionadas polos vinte mil de Riazor.

A carreira polo ascenso do Deportivo pasa esta xornada polas Gaunas, onde agarda a SD Logroñés, undécimo.

A Malata prepárase para animar a un Racing necesitado. Fóra e lonxe do ascenso, logo de 4 xornadas sen gañar. Na parte positiva, Cristóbal Parralo vai recuperando o equipo despois de varias semanas de traballo condicionado pola covid. Buscan gol e proxectan cambios para recibir o pechacancelas, o Tudelano.

Tamén na casa o Celta B completará a sesión vermú de mañá (os tres galegos xogando ás doce).
Pero será no municipal de Barreiro onde recibirá o Raio Majadahonda no partido máis atractivo para a zona alta: quinto contra sexto. O equipo de Onésimo marcará distancias se consegue alongar a súa racha goleadora. Nos últimos cinco partidos, marcaron 18 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar