Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez: "A motivación son os 30.000 que estarán no campo"

Borja Jiménez: "A motivación son os 30.000 que estarán no campo"

"Hai que levalos tranquilos, responsabilizados e que no momento da verdade, co ruxir da xente, empecen tamén a latexar os corazóns”

Foto @RCDeportivo
G24.gal 10/06/2022 13:01 Última actualización 10/06/2022 13:13

Anuncia espectáculo Borja Jiménez para o Deportivo vs Albacete da final do playoff de ascenso a Segunda:

“Non imos xogar a non equivocarnos. Imos ir a gañar desde o minuto uno. Concienciados de que hai posibilidades de perder. E eles igual. Non creo que vaia a ser un partido de especulación. Non somos equipos deses. Iremos a por o partido desde o minuto uno. Un pouco polo que foron eles, por como é Rubén, e tamén por como somos nós e entendo eu o fútbol. Haberá momentos do partido que cando o pasemos mal, teremos que xuntarnos e defender ben. Será importante estar vivo en todo momento, pero a mellor maneira de estar vivo é facer gol. Iso témolo claro”.

Non se gardou eloxios para o cadro manchego: "Eles non van renunciar ao que foron durante todo o ano. As lesións de Maestre e Diegui foron duras, pero fixeron incorporacións fortes en xaneiro. Estiveron arriba todo o ano, facendo as cousas ben. Creo que o partido de Andorra fíxolles dano como nos pasou a nós durante o ano. É habitual no fútbol. Probablemente sexa o mellor persoal do seu grupo, como a nosa. Chegamos ao momento da verdade, que era o obxectivo. Estar aí e poder conseguilo".

Unha das máximas de Borja Jiménez durante todo o curso foi tratar todos os partidos coa mesma normalidade. Non vai cambiar, esta semana, asegurando que toda a motivación que necesitan estará na bancada:

“Cada grupo compórtase dunha maneira, eu non teño a fórmula de facer as cousas sempre ben. Non imos facer nada especial, non o fixemos o outro día. Teremos o noso intre de intimidade cos xogadores para achegarnos aínda máis a eles, tentaremos que sintan que é o último partido da tempada… pero motivación… xa son os 30.000 que pode haber en Riazor. Non vai haber nada mellor que cando salgamos ao campo ver o estadio cheo. O que poidamos facer nós está moi lonxe de todo o que vai achegar a afección. Hai que levalos tranquilos, responsabilizados e que no momento da verdade, co ruxir da xente, empecen tamén a latexar os corazóns”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade