Borja Iglesias fala do debut mundialista e dos rumores de posible saída
O santiagués emocionouse cunha mensaxe de Claudio Giráldez
En México comentan unha posible saída ao América
Borja Iglesias atendeu aos medios de comunicación na previa do España-Bélxica de cuartos do Mundial. O xogador do Celta falou do partido de mañá, pero tamén dos temas nos que estivo envolto esta semana.
Primeiro, o debut mundialista. Na pasada rolda de oitavos de final, o santiagués desputou o seu primeiro minuto no torneo. En clave Celta, Borja comentou que se emocionou pola mensaxe do seu adestrador, Claudio Giráldez.
O 'Panda' explicou que na bancada, xa despois do partido, comezou a pensar no feito de que fora só un minuto o que desputou. O santiagués contou que Claudio o felicitou polo debut pero non simplemente por xogar, senón por como o fixo no campo e por como chegou aí sendo o tipo de persoa que é. Borja admitiu que estivo "chorando un bo rato".
Os rumores de saída ao América
Tamén foi preguntado o dianteiro do Celta por unha posible saída cara o fútbol mexicano. Nos derradeiros días, sairon informacións dun posible interese do Clube América. Fálase incluso dunha cifra arredor dos 10 millóns de euros.
O compostelán comentou que el "é superfeliz no Celta, en Galicia, na súa casa", aínda que el admitiu que "no fútbol nunca se sabe o que pode pasar". Pechou falando de que o seu enfoque é estar "centrado no Mundial, logo en desfrutar das vacacións e en volver a Vigo que é a súa casa", aínda que comentou tamén que "xa veremos que pasa".
Borja Iglesias terá unha nova oportunidade de desfrutar de minutos no partido de hoxe fronte a Bélxica, que se desputará ás 21:00 no "Estadio Os Ánxeles".