Publicador de contidos

Bo punto do Celta B para rachar coa mala xeira

Bo punto do Celta B para rachar coa mala xeira

G24.gal 06/11/2021 10:58

Onésimo deixou a Gabri e a Losada no banco -nesapolitica de canteira tan especial que segue o Celta- e na fría noite de Salamanca, o filial arrancou facéndolle unha homenaxe á empanada. Porque menuda arranque. Toda a semana traballando na defensa dos balóns frontais e laterais e no primeiro que lles colgou Unionistas, gol. Gol de De Miguel. Minuto 11.

Mais aí hai que darlle mérito ao Celta B porque reaccionou ben e fíxose co dominio do partido. Xerou ocasións pra darlle volta, pero so puido converter esta de Miguel Rodríguez. Fogonazo que vale un punto nun campo complicado e que curta un xeira de dúas derrotas seguidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos