Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bo punto conseguido polo Burela na pista do Manzanares (1-1)

Bo punto conseguido polo Burela na pista do Manzanares (1-1)

Ten sete puntos de marxe sobre os postos de descenso

G24.gal 26/02/2025 22:12

O Burela Fútbol Sala conseguiu un punto moi proveitoso na pista do Manzanares (1-1) na vixésima xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala. Permítelle colocarse con 22 puntos, sete de marxe co posto de descenso no que está o Noia Portus Apostoli. 

Foi un partido moi sufrido o que xogaron na pista do Manzanares Arena. O traballo defensivo do conxunto da Mariña impúxose diante dun Manzanares que levou a iniciativa durante máis minutos. O Burela tivo o acerto de adiantarse na última xogada da primeira parte cun gol de Pitero. Empataría Álvaro López ao pouco de comezar o segundo tempo para o conxunto local. 

Tivo que empregarse a fondo o Burela, que xogou no límite da falta directa os últimos cinco minutos. Malia iso gozou das mellores ocasións e mereceu mellor sorte. Ao final o punto veu para Galicia e o Burela agarda facelo bo este sábado na casa diante do Santa Coloma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade