Publicador de contidos

Publicador de contidos

Blanca Millán, de estrela do Baxi Ferrol a pregoeira das Festas do Apóstolo

Blanca Millán, de estrela do Baxi Ferrol a pregoeira das Festas do Apóstolo

A santiaguesa prepara unha nova temporada ilusionante co club ferrolán, mentres reivindica o papel das deportistas no pregón das Festas

G24.gal 20/07/2025 11:23

Blanca Millán afina a puntería de cara á nova temporada, na que o Baxi volverá estar en dúas competicións. Con obxectivos ambiciosos, pero realistas.

A nivel individual, a santiaguesa asume o reto de superar os seus brillantes números da última campaña, en que disputou 44 partidos entre Liga regular, play off e competición europea.

Na Liga, Blanca foi elixida tres veces no equipo ideal da semana e Xogadora Máis Valiosa da vixésimo sexta data.

Con todo, as súas mellores prestacións asinounas na Eurocup con partidos estelares ante o Galatasaray, onde rematou con 24 puntos. 

Ou fronte ao Lión, con 18 puntos e 26 de valoración que lle serviron para entrar no quinteto da xornada.

O seu rendemento durante a temporada valeulle a convocatoria para a selección española B e a elección como pregoeira das festas do Apóstolo onde pronunciou un discurso reivindicativo.

Ao Baxi agárdao outra temporada Blanca. E radiante.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade