Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bioflytech inicia en Palas de Rei a produción de fariñas para alimento animal procedentes de insectos

Bioflytech inicia en Palas de Rei a produción de fariñas para alimento animal procedentes de insectos

G24.gal 09/04/2024 14:41

Bioflytech comezou a produción de fariñas procedentes de larvas de mosca soldado negra. De momento están a utilizar larvas secas procedentes da factoría que teñen en Murcia, pero en breve comezarán a producir e engordar as súas propias larvas frescas para a produción de fariña destinada á alimentación animal. Pensos para mascotas, granxas de galiñas ou piscifactorias. Pero tamén graxas que irán para alimentación animal e ás industrias farmacéuticas ou de cosmética.

Estas son as larvas de mosca soldado negro secas e esta é a fariña resultante. Un produto altamente nutritivo destinado a alimentación animal. En Palas de Rei de momento procesan as larvas secas que reciben da súa fábrica de Murcia, pero en breve aquí engordaranse, secaranse e farase a transformación final. Unha das poucas empresas do mundo co ciclo completo. 

Jesús Rodríguez, director executivo do grupo Bioflytech, di que "a propia alimentación das larvas provén de residuos de cereais. Valorizamos eses residuos e transformámolos nunha proteína e os restos da cama para alimentar as larvas o transformamos en compost. Vendemos absolutamente todo e non se xera ningún residuo".

Afirman os responsables de Bioflytech que a produción ten unha pegada mínima de carbono e un consumo hídrico incluso inferior a calquera outro tipo de granxa. Buscaban unha localización no norte de España con temperaturas máis frescas que Murcia para esta nova factoría, e finalmente instaláronse neste concello lugués. 

Jesús Rodríguez di que había outras comunidades máis adiantadas que Galicia pero "presentóusenos a opción de Palas de Rei e grazas á rápida tramitación administrativa da Xunta acabamos aquí". Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, di que "é un proxecto sostible, circular e 100 postos de traballo que serán desta comarca".

Unha vez estean a pleno rendemento producirán 12.000 toneladas anuais de larva, pero teñen xa a intención de ampliar as instalacións e chegar ás 100.000, e posicionarse como un dos líderes do sector a nivel mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar