Besteiro renuncia ao seu escano no Congreso para encabezar o PSdeG
A renuncia farase efectiva este venres 1 de marzo
Besteiro pasa a encabezar o grupo parlamentario do PSdeG no Hórreo

O candidato do Partido Socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves a renuncia ao seu escano no Congreso dos Deputados para encabezar o seu partido no Parlamento galego. Así o anunciara o pasado 18 de febreiro, tras coñecer os resultados electorais.
A renuncia farase efectiva este "venres, 1 de marzo, data en que xa non ostentarei a condición de deputado", tal e como se recolle no escrito dirixido por Gómez Besteiro á Mesa do Congreso. Documento en que tamén manifesta o seu "agradecemento aos servizos da cámara polas atencións recibidas".
Gómez Besteiro foi elixido para o Parlamento de Galicia como cabeza de lista pola provincia de Lugo, do mesmo xeito que a número dous da súa candidatura, a exalcaldesa de Lugo Lara Méndez.
A que era parlamentaria autonómica Patricia Otero, a número dous dos socialistas pola provincia de Lugo, podería asumir ou escano que deixa o político lucense.