Cargando resultados...
O concello de Begonte énchese de futbolín no seu III Open
Esta zona da provincia de Lugo conta cunha gran tradición deste deporte
G24.gal
17/05/2025 19:42
Última actualización 17/05/2025 20:59
No marco da Festa da Xuventude, Begonte acolle este sábado o III Open de Futbolín, un campionato nacional no que participan duascentas persoas de dez comunidades diferentes.
Malia seren un certame tan novo, xa conseguiu consolidarse. O poder de convocatoria deste campionato débese á gran cantidade de persoas afeccionadas que hai na zona.
Para topar a orixe desta querenza polo futbolín, hai que remontarse 27 anos atrás, cando un veciño deste concello e outro de Rábade quedaron campións do mundo.