Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baxi Ferrol e Celta Zorka Recalvi cítanse no derbi da Malata

Baxi Ferrol e Celta Zorka Recalvi cítanse no derbi da Malata

O derbi pódese ver en directo na G2 e en eventos.crtvg.gal (19:00 h)

G24.gal 30/12/2023 13:46

Dous equipos que ascenderon da man. Dous equipos que o pasado verán multiplicaron a representación galega na máxima categoría do baloncesto. Baxi Ferrol e Celta Zorka Recalvi volven atopar os seus camiños na penúltima xornada da primeira volta.

A Malata acolle un partido entre dous rivais que apuntan cara arriba. O Celta é un dos equipos de moda, co triunfo conseguido hai unha semana en Navia fronte ao Perfumerías Avenida. 16 anos despois, o histórico Celta volveu facer caer o xigante salmantino. O equipo de Cristina Cantero contou coa actuación estelar de Murjanatu Musa. Foi a xogadora máis valiosa da xornada cos seus 24 puntos e 9 rebotes.

Será unha das xogadoras a seguir no derbi. No cadro de xogadoras do Baxi Ferrol salienta o excepcional momento de Rachel Howard, moi importante nos dous triunfos seguidos que acumulan as de Lino López. A aleiro norteamericana achégase ao Top-5 de anotadoras da liga. Ela e Gala Mestres son as referentes ofensivas dun acabado de ascender que pode deixar hoxe asegurado de xeito virtual un obxectivo case impensable ao inicio da campaña, a participación na Copa da Raíña. O equipo ferrolán pugna co Ensino polo oitavo e último billete para a cita copeira. Será outro dos alicientes do derbi da G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos