Basquet Coruña suma a cuarta vitoria consecutiva
Os de Carles Marco repoñense a un mal inicio de partido para acadar un novo triunfo
A mellora defensiva no terceiro cuarto chave para que o partido quedara na Coruña
Paul Jorgensen o mellor dos coruñeses con vinta e dous puntos

Basquet Coruña segue con paso firme o seu camiño pola Primeira FEB e acadou a súa cuarta vitoria da temporada tras derrotar a Palmer Mallorca no Coliseum. Inicio de temporada inmellorable para os de Carles Marco que lideran a competición con paso firme.
E iso que o inicio non foi bo. Seguramente afectado polo "Caso Mencía" ao equipo herculino custoulle coller ritmo de partido, sobre todo en defensa, e durante os dous primeiros cuartos foi a remolque no electrónico, 44-46, ó descanso. Pero no intermedio as instrucións de Carles Marco tiveron efecto é o terceiro cuarto foi perfecto para os intereses laranxas. Subiron a intensidade defensiva e racharon o partido de forma definitiva cun parcial favorable de 25–8 que deixaba unha cómoda renda de 15 puntos favorable os locais para o cuarto final (69-54). O último cuarto foi unha continuidade ao acontecido no terceiro e os coruñeses, guiados por un excepcional Paul Jorgensen, incrementaron a súa vantaxe ata deixar o marcador no 91-75 final.