O Leyma Coruña aparta a Yoanki Mencía tras a súa condena por violencia de xénero
O cubano recoñeceu este mércores pola mañá a culpabilidade dun dos dous delitos de violencia de xénero, ademais doutro de vexacións
Carles Marco desvelou que o club non era coñecedor da súa situación e que pediu permiso para ausentarse o luns
O Leyma Coruña aparta a Yoanki Mencía da dinámica do primeiro despois de que o xogador aceptase unha condena por violencia de xénero contra a súa exparella, cando aínda mantiñan unha relación, en Zaragoza.
Segundo adiantou El Heraldo, o cubano recoñeceu este mércores pola mañá a culpabilidade dun dos dous delitos de violencia de xénero, ademais doutro de vexacións, dos que lle acusaba a Fiscalía. Eludiu a pena de prisión, pero terá que cumprir 65 días de traballos comunitarios e unha orde de afastamento da vítima de ano e medio.
"O Club decidiu apartar ao xogador Yoanki Mencía da disciplina do primeiro equipo", confirma o comunicado do Leyma.
É a medida que adoptou o Consello de Administración onte mércores nunha reunión de urxencia 2á espera de recibir a sentenza derivada da vista oral celebrada este mércores en torno ao procedemento xudicial seguido contra o xogador", reza o comunicado da entidade laranxa. O club engade que "unha vez analizada toda a información que rodea ao caso, tomará a decisión en torno ao futuro do xogador".
Carles Marco atendeu este xoves aos medios na previa do duelo contra o Palmer Basket do venres, na que tentou non abundar no caso Mencía, aínda que desvelou que o club non era coñecedor da súa situación e que pediu permiso para ausentarse o luns.
Na rolda de prensa estiveron presentes Pablo de Amallo, presidente da entidade, o vicepresidente Miguel Valín, o directivo Juan Pablo Otero e o director deportivo Charlie Uzal.
"Non vou falar moito do tema porque me remito á declaración que fixo o club, si ao que nos incumbe, o partido de mañá. Non tivemos unha semana fácil por este tema"
Sobre se tiña coñecemento ao redor do caso do á pivote cubano, Marco foi claro.
"O Básquet Coruña fai as cousas ben. Non sabiamos nada antes de que ocorrese. Así e todo, Yoanki pediu permiso o luns para irse e non adestrou máis. Non me incumbe a min dar a miña opinión, os meus labores son outras», engadiu.