Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro suma a primeira vitoria da temporada

O Obradoiro suma a primeira vitoria da temporada

Os santiagueses necesitaron dunha prórroga para derrotar a Gipuzkoa

A conexión Westermann&Dos Anjos chave para acadar o triunfo

@obradoirocab @obradoirocab
G24.gal 10/10/2025 22:34

O Obradoiro de Diego Epifanio xa sabe o que é gañar nesta temporada 25-26. Foi á terceira e sufrindo ata o final, 95-96. Nun partido que se decidiu na prórroga e no que o Gipuzkoa tivo un ataque final para facerse co triunfo. Pero contrariamente o acontecido ao final do cuarto cuarto, onde Nacho Varela forzou o tempo extra sobre a bucina,  esta vez o ex obradoirista errou o lanzamento que podería deixar a vitoria en terras vascas. 

Foi un partido cheo de alternativas no marcador. Ata o descanso levou á iniciativa o equipo de San Sebastián. Os santiagueses non lle perdían á cara o encontro pero o escaso acerto no lanzamento exterior facía os composteláns ir a remolque ata o intermedio. Na segunda metade a aparición da conexión entre Leo Westermann e Felipe Dos Anjos e o acerto de Alex Barcello fixo que Obradoiro puxésese por diante no electrónico pero os despistes defensivos e os problemas para pechar o rebote do cadro santiagués déronlle unha vida extra ao equipo local .

Na prórroga, o francés Leo Westermann tomou o mando das operacións e guiou ó equipo de Epi para sumar a primeira vitoria desta campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar