O Uni Ferrol perde en Leganés e Ensino será o único equipo galego na fase final da Copa
O equipo ferrolán cae despois dun mal final de partido (78-73) e queda sen o premio da clasificación
O Ensino perdeu no Pazo ante Valencia (72-75) pero estará na cita de Tarragona
@@basketleganes
Ensino Lugo será o único representante galego na fase final da Copa da Raíña. O Uni Ferrol dependía de si mesmo para a súa clasificación, tiña que gañar en Leganés para acadar o pase, pero as rapazas de Lino López perderon castigadas por un mal final de partido. Nun choque tremendamente igualado o Uni entrou no último minuto con vantaxe de dous puntos, 69-71, pero as malas decisións tanto en ataque coma en defensa, condenaron ó equipo universitario.
O Ensino, xa clasificado para a Copa, recibía o poderoso Valencia. As de Suso Garrido foron a remolque durante todo o partido pero nun grande último cuarto estiveron a piques de remontar para rematar cedendo por soamente tres puntos (75–78). As lucenses rematan a primeira volta cun rendemento excelente, quintas clasificadas, e estarán no sorteo da fase final da Copa da Raíña que se celebrará o mércores 14 . O rival nos cuartos de final sairá dos catro equipos cabeza de serie: Zaragoza, Valencia, Jairis ou Girona. A competición celebrarase en Tarragona entre o 26 e o 29 de marzo.