Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Barreiros prohibe o uso de auga para actividades non esenciais

O Concello de Barreiros prohibe o uso de auga para actividades non esenciais

Non se poden regar xardíns, encher piscinas ou lavar coches na rúa

G24.gal 30/07/2023 19:11 Última actualización 30/07/2023 21:09

O Concello de Barreiros detectou deficiencias no abastecemento de auga a determinados núcleos nas horas de maior consumo.

Había certa esperanza posta na choiva, pero non dá chegado e, por iso, prohibiuse o uso da auga para actividades non esenciais.

Segundo o bando municipal, o incumprimento da prohibición pode implicar sancións económicas e mesmo o corte da subministración.

O Concello apela a un uso responsable dos recursos hídricos. Comparando con outros veráns, o consumo está sendo moi superior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade