Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barcelona e Atlético afrontan duelos vitais na Liga de Campións

Barcelona e Atlético afrontan duelos vitais na Liga de Campións

O equipo catalán afronta un dobre duelo co Inter que decidirá un posto nos oitavos de final

O Atlético xoga contra o Bruxas belga, o sorprendente líder do seu grupo

G24.gal 03/10/2022 21:28

Este martes volve a Champions, terceira xornada da fase de grupos, e o Barcelona viaxa a Milán para enfrontarse ao Inter nun partido determinante á procura dos oitavos de final.

Os de Xavi adestráronse en San Siro con forzas renovadas logo de converterse en líderes na clasificación da liga. Con todo, os cataláns teñen moitas baixas. Entre as últimas, a de De Jong, que non tivo boas sensacións no último adestramento e quedou en Barcelona. A novidade da convocatoria é Marc Casadó, futbolista do filial blaugrana.

Tamén é a quenda do Atlético de Madrid, que xoga en Bruxas. Rodrigo de Paul e Lemar regresan á lista de Simeone, e Felipe é baixa  por lesión muscular. O equipo belga é o líder do seu grupo con dúas vitorias. Simeone gabou o seu contrincante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos