Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balenziaga recoñece que o calendario favorece os intereses do Deportivo

Balenziaga recoñece que o calendario favorece os intereses do Deportivo

Balenziaga: "Os puntos de Riazor hai que sacalos. Quedan cinco partidos aquí, e iso é unha vantaxe"

G24.gal 03/04/2024 13:23 Última actualización 03/04/2024 13:29

O Deportivo afronta os dous meses finais de Liga coa mesma filosofía que lle permitiu remontar ata o liderado: partido a partido.

Mikel Balenziaga recoñeceu antes do adestramento deste mércores que o calendario favorece os intereses branquiazuis, pois cinco dos oito partidos que quedan xogaranse na Coruña.

"Os puntos de Riazor hai que sacalos. Quedan cinco partidos aquí, e iso é unha vantaxe. Pero sabemos que todo pasa por ir sacando puntos na casa e fóra. Hai que seguir partido a partido", afirmou.

"Demostramos que podemos gañar en calquera estadio ou rival", engadiu.

O defensa, que explicou que tras unhas semanas con molestias agora atópase ben, evitou sinalar ao Barcelona B como o único adversario do Deportivo polo ascenso directo. Eloxiou o próximo adversario, o Unionistas, do que comentou:

"É un equipo que vén en moi boa serie, vese na clasificación. Vai ser un partido complicado, pero volvemos a Riazor e nós sempre preferimos xogar en Riazor despois de gañar fóra, así que con ganas de xogar", insistiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade