Publicador de contidos
Publicador de contidos

Balance positivo en canto a calidade e cantidade na vendima da Ribeira Sacra

Balance positivo en canto a calidade e cantidade na vendima da Ribeira Sacra

Recolléronse seis millóns e medio de quilos de uva, cinco deles da caste mencía

O Consello Regulador afronta os cambios no consumo de viño tinto

As Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia presentan os seus viños

G24.gal 23/10/2023 20:01 Última actualización 23/10/2023 20:12

Algo máis de seis millóns e medio de quilos de uva recolleron os adegueiros e viticultores da Ribeira Sacra na vendima que rematou a pasada semana. A terceira cifra máis alta en trinta anos de historia.

Ademais, este ano as pragas apenas afectaron e a calidade e o estado sanitario da uva foron óptimos. En principio boas noticias, pero condicionadas pola suba de custos de produción e polo cambio climático, que obriga a modificar os hábitos de traballo.

A caste mencía volveu ser a maioritaria, con algo máis de cinco millóns de quilos; en brancos, o godello foi o máis apañado, con 700 toneladas.

A alta produción, sumada á existencia de stock derivado da pandemia e ao incremento de prezos de vidro, cortizas ou embalaxes obrigan a buscar novos mercados en que se valore a viticultura heroica que se practica na Ribeira Sacra.

Os primeiros viños desta colleita de 2023 estarán listos para o seu consumo a finais de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos