Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta B e Rácing queren comezar do mellor xeito o 2023 (sábado, 17:00 na G2)

Celta B e Rácing queren comezar do mellor xeito o 2023 (sábado, 17:00 na G2)

O Celta B gañou nas dúas últimas xornadas; o Racing sufriu dúas derrotas seguidas

G24.gal 06/01/2023 12:45 Última actualización 06/01/2023 12:53

O primeiro derbi do 2023 será este sábado en Balaídos, un Celta B-Racing de Ferrol. Son equipos que pecharon o 2022 con sensacións distintas. O Celta B gañou nas dúas últimas xornadas; o Racing sufriu dúas derrotas seguidas:

Claudio Giráldez: "É un dos equipos máis poderosos. Teñen un xogo de bandas moi potente"

 

Cristóbal: "Teñen un nivel de calidade e atrevemento importante"

 

É importante abrir o 2023 cunha vitoria, o Celta B para manter a súa dinámica de crecemento e o Racing para seguir preto da pelexa polo ascenso co equipo actual, porque fichaxes non se agardan.

Partidazo na G2 e na web para comezar o 2023: o Racing é quinto clasificado; o Celta B, oitavo con sete puntos menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade