Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bakary Dibba amosouse "ilusionado" e ambicioso na súa presentación co Breogán

Bakary Dibba amosouse "ilusionado" e ambicioso na súa presentación co Breogán

Tito Díaz anunciou tamén a chegada de Aleksandar Cvetkovic para cubrir a baixa temporal de Mavra

G24.gal 10/09/2025 15:51 Última actualización 10/09/2025 15:57

A responsable de márketing de Torre de Núñez, Inés Suárez, foi a encargada de dar a benvida ao xogador na súa presentación oficial.

Bakary Dibba amosouse ilusionado co reto do Breogán e salientou a boa química que hai no equipo, a ambición de mellorar os resultados de tempadas anteriores e o seu desexo de experimentar o ambiente do Pazo.

"Espero que poidamos facelo mellor que a tempada pasada, que foi moi boa"

"O meu obxectivo é axudar para que sexa unha tempada mellor"

Declarouse sorprendido polo número de seareiros que se desprazaron  no que vai de pretempada para animar o Río Breogán.

Tito Díaz anunciou tamén a chegada de Aleksandar Cvetkovic para cubrir a baixa temporal de Mavra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar