Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixo observación catro ríos de Pontevedra e un da Coruña ante posibles desbordamentos

Baixo observación catro ríos de Pontevedra e un da Coruña ante posibles desbordamentos

Son as estacións fluviais de Pontevedra, Gondomar, Redondela e Soutomaior, na provincia de Pontevedra, e Santa Comba, na Coruña

A borrasca Claudia deixa en Santiago máis de 220 incidencias

G24.gal 14/11/2025 19:04

A Xunta mantén baixo observación, dentro da preemerxencia activada esta semana polo risco de inundacións, as estacións fluviais de Pontevedra, Gondomar, Redondela e Soutomaior, na provincia de Pontevedra, e Santa Comba, na Coruña.

A información detallada polo 112 Galicia en base aos últimos controis realizados pon o foco nos ríos Lérez (Pontevedra), Miñor (Gondomar), Cabeiro (Redondela), Oitavén (Soutomaior) e Xallas (Santa Comba). Nestes puntos, poden observarse desbordamentos puntuais, polo que Emerxencias pide extremar a precaución.

O plan especial para o risco de inundacións en Galicia (Plan Inungal) foi activado o pasado luns en fase de preemerxencia ante o nivel de precipitación recollido durante estas xornadas, que pode dar lugar ao crecemento repentino dos caudais e posibles inundacións.

Así, recoméndase adoptar medidas de redución de riscos, tales como abandonar as actividades que se estean realizando en espazos fluviais e evitar cruzar unha zona asolagada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade