Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo

A Ribeira Sacra sofre o descenso do consumo de viños tintos en todo o mundo

A Ribeira Sacra é a zona galega máis afectada porque o tinto é o 80 % da produción

Os sommeliers lembran que os cambios no consumo de viño son cíclicos

G24.gal 15/04/2024 19:00 Última actualización 15/04/2024 19:16

A baixada de consumo de viño tinto afecta especialmente na Ribeira Sacra, onde supón máis do 80 % da produción e tamén en Monterrei e Betanzos. Nos locais de hostalería detectan unha menor venda dos viños do ano de prezo medio e un mantemento ou mesmo suba nos de gama alta. Aínda así, sinalan que os hábitos de consumo de viño en xeral varían con frecuencia e que as pautas dependen de moitos factores.

A calor favorece o consumo de brancos por riba dos tintos. Ademais, a xente nova aposta máis por outras bebidas e a inflación fai que se destine menos gasto a viño. Outro problema pode ser o exceso de marcas con produtos moi similares. Con todo, considérase que os tintos galegos están plenamente asentados no mercado. 

Nalgunhas zonas estanse a enxertar cepas tintas con castes brancas para garantir a venda íntegra das colleitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos