Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axuda humanitaria dende Muros á fronteira de Polonia con Ucraína

Axuda humanitaria dende Muros á fronteira de Polonia con Ucraína

O GES de Muros levará toneladas de bens primeira necesidade e volverá con refuxiados 

G24.gal 08/03/2022 14:02

A idea é partir cara á fronteira polaco-ucraína a comezos da próxima semana para tentar acumular a maior cantidade de bens de axuda humanitaria posible para os refuxiados. Mantas, sacos de durmir, conservas ou medicinas son do máis solicitado na zona.

Agardan conseguir un autobús para poder transportar tamén de volta ducias de refuxiados, se non a segunda opción é un camión e a terceira un par de furgonetas. O máis importante, din, e chegar alí canto antes a máis tardar a finais da próxima semana e axudar ao máximo os que perderon practicamente todo na guerra de Ucraína.

Non só en Muros, senón toda a comarca da Barbanza estase a mobilizar para enviar axuda aos ucraínos. A chegada de bens de primeira necesidade é constante masiva. En pouco máis dunha semana todo o material debería estar xa na fronteira de Polonia e Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade