Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas tecnoloxías axudan ás persoas invidentes no seu día a día

As novas tecnoloxías axudan ás persoas invidentes no seu día a día

Acaba de facer 70 anos e vive só no rural

Bota man de dispositivos por voz para poñer a funcionar a lavadora

G24.gal 09/05/2022 22:09

Eladio Fernández recíbenos na súa vivenda de Vendas de Narón. Acaba de facer 70 anos e é invidente dende os 30, pero nin unha cousa nin a outra frean a súa inquietude por facer cousas novas.

Eladio Fernández: "Son unha persoa moi inquieta. Vou dúas veces a semana á piscina aprender a nadar, que foi un dos maiores retos da miña vida, e estouno conseguindo".

El é todo un defensor das novas tecnoloxías, coas que, di, hai que atreverse. Aparellos novos con funcións para invidentes son para el unha grande axuda. A súa última incorporación foi unha Alexa, un dispositivo co que a través da voz pode manexar a súa nova lavadora dixital.

Eladio Fernández: "A lavadora que tiña estragouse e dixéronme que había unha dixital que ía por voz, é un grande éxito. E teño un teléfono que tamén me fala e avísame cando terminou o programa".

Pequenos avances supoñen grandes pasos para persoas coma el; vive só no rural, pero é independente e non para de fixar novos retos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade