Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avogados de Lugo fan asesoramento xurídico de balde aos afectados polo lume

Avogados de Lugo fan asesoramento xurídico de balde aos afectados polo lume

Crearon un Servizo de Asesoramento Gratuíto a Vítimas de Incendios, con profesionais voluntarios

Queren dar resposta inmediata e coordinada ás necesidades xurídicas das persoas afectadas polos incendios, así como asesoramento sobre reclamacións a seguros, subvencións, axudas públicas ou responsabilidade patrimonial das Administracións

Asesoramento gratuíto no 982 241 007 ou no correo electrónico icalugo@avogacia.org

G24.gal 24/08/2025 15:01

A cidadanía directamente afectada polos incendios, aquelas persoas que perderon as súas vivendas, están nunha situación de vulnerabilidade evidente e precisan axudas e asesoramento. Por iso ante os "graves prexuízos persoais, materiais e económicos" derivados desta catástrofe, os avogados de Lugo ofrecen asesoramento de balde.

"Haberá diferentes situacións, haberá supostos en que se dirá o tipo de axudas ás que pode acudir, ímonos poñer en contacto coas administracións públicas, e despois se o procedemento é xudicial orientalos na vía máis adecuada para que acaden o que perseguimos que é que se lles indemnice as perdas que tiveran", di Félix Mondelo Santos, decano do Colexio de Avogados de Lugo.

Para iso crearon un Servizo de Asesoramento Gratuíto a Vítimas de Incendios, con profesionais voluntarios. A finalidade é dar resposta inmediata e coordinada ás necesidades xurídicas das persoas afectadas.

"No tema de seguros no caso das catástrofes cubriríao o Consorcio de compensación de seguros e unha parte limitada. Pero aquí o que queda por investigar é se hai algunha responsabilidade da Administración. Para os avogados é importante saber onde se produciu o incendio, se foi provocado ou non, se había un plan de prevención específico para ese monte ou non, porque a Administración pola lei de montes está obrigada a previr todo isto que sucedeu", engade.

O servizo dos avogados terá carácter orientativo, facilitando información sobre "reclamacións a seguros, subvencións e axudas públicas, e responsabilidade patrimonial da Administración".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade