Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aprobará este martes a zona de emerxencia para territorios afectados polos incendios

O Goberno aprobará este martes a zona de emerxencia para territorios afectados polos incendios

A medida recoñecerá como zonas catastróficas amplas áreas de Castela e León, Galicia e Estremadura

O Consello de Ministros regresa tras o parón estival cunha axenda centrada nos incendios

G24.gal 25/08/2025 16:57 Última actualización 25/08/2025 18:02

O Consello de Ministros aprobará este martes a declaración de zona de emerxencia para os territorios arrasados polos incendios forestais deste verán, que queimaron máis de 400.000 hectáreas segundo estimacións por satélite.

Esta declaración, antes coñecida como zona catastrófica, incluirá decenas de territorios afectados, sobre todo desde o 10 de agosto, en Castela e León, Galicia e Estremadura, así como na Comunidade de Madrid, Andalucía e outras comunidades.

No seu desprazamento ao posto de mando do incendio de Jarilla (Cáceres) o pasado día 19, o presidente Pedro Sánchez subliñou o compromiso do Goberno para afrontar a reconstrución, unha vez se extingan os lumes e se avalíe o impacto económico en cada municipio, acompañada polos recursos da Administración Xeral do Estado.

Tamén se porá en marcha a comisión do cambio climático 

Antes da reunión do Consello de Ministros, este martes tamén se porá en marcha a comisión interministerial de cambio climático, presidida pola vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen. Xunto co ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, iniciará os traballos para acadar un pacto de Estado fronte á emerxencia climática.

Comparecencias no Senado e Congreso pola xestión dos incendios

Este martes dará comezo no Senado a rolda de comparecencias de ministros sobre a súa xestión dos incendios.

Abrirá a ministra de Defensa, Margarita Robles, seguida por Aagesen o mércores, Grande-Marlaska o xoves e o titular de Agricultura, Luis Planas, o venres.

No Congreso tamén se reunirá a Deputación Permanente para decidir sobre as comparecencias solicitadas polo PP, relacionadas cos incendios e outros asuntos.

Máis de 400.000 hectáreas calcinadas e 14 incendios seguen activos

Segundo os últimos datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais, en España arderon xa 411.315 hectáreas, por riba das 306.555 queimadas en 2022, ata agora o peor ano rexistrado.

Este luns seguían activos polo menos 14 incendios, principalmente en Castela e León, mentres a Axencia Estatal de Meteoroloxía alertaba de risco moi alto ou extremo de incendios en amplas zonas do norte e leste da península.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade