Atopan restos dun desaparecido durante as tarefas de extinción en Vilariño de Conso
Un helicóptero da BRIF de Laza fixo o achado mentres colaboraba na extinción
Trátase dunha persoa de 73 anos á que se lle perdeu a pista a principios do mes de maio
Un helicóptero da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Laza localizou restos óseos xunto a un vehículo cando traballaba na extinción dun incendio en Vilariño de Conso (Ourense).
O achado produciuse durante as tarefas de control das lapas e foi comunicado de inmediato ás autoridades.
A Garda Civil encargouse da custodia da zona e abriu unha investigación para determinar a identidade da persoa e as circunstancias do suceso.
O incendio no que traballaban os equipos de emerxencias afectou unha área de monte no municipio ourensán, que nos últimos días sufriu varios focos de lume.
Trátase dunha persoa de 73 anos á que se lle perdeu a pista a principios do mes de maio e que viaxaba nun vehículo de cor negra, o que se atopou nos montes de Vilariño de Conso.