Cargando resultados...
Avistan o cadáver do turista alemán arrastrado polo mar na Coruña
Salvamento Marítimo enviou de novo o helicóptero Helimer á zona da torre de Hércules
G24.gal
01/04/2025 21:18
Última actualización 01/04/2025 21:46
Na Coruña hai novos indicios sobre o turista alemán que foi arrastrado polo mar hai dez días.
Segundo informa El Ideal Gallego, un furtivo asegurou que vira o cadáver aboiando na mañá deste martes mentres andaba ao marisqueo nunha zona de rochas baixo a Torre de Hércules.
A testemuña esperou doce horas para informar as autoridades, polo que as posibilidades de que apareza son baixas.
Salvamento Marítimo enviou de novo o helicóptero Helimer á zona para explorar a zona.