Localizan en Fisterra o cadáver do veciño de Frades desaparecido a semana pasada
Antonio Carro Lata desapareceu o martes da semana pasada e, aínda que nun primeiro momento se buscou polos concellos da contorna de Frades, máis tarde sóubose que un taxista o levara a Fisterra

A Garda Civil localizou un cadáver flotando na auga nas proximidades do faro de Fisterra que se cre que é de Antonio Carro Lata, o veciño de Frades que desaparecera o martes pasado.
A Garda Civil informou este martes de que unha patrulla do Seprona, sobre as 18:00 horas do luns, foi avisada por uns percebeiros de que había un corpo flotando na auga.
Notificouse ao patrulleira Río Guadalope de Servizo Marítimo para recuperar o cadáver e trasladalo ao porto de Fisterra.
O corpo atópase agora no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para o seu recoñecemento.
Antonio Carro, de 69 anos, desaparecera o martes 22 de abril. Nun primeiro momento buscárono na área de Frades, Ordes e Mesía, onde supostamente fora visto a tarde da desaparición.
Non obstante a investigación deu un xiro cando souberon que collera un taxi cara a Fisterra. Unha vez comprobado que non se hospedara nos aloxamentos da vila, a busca céntrase na zona de costa, onde finalmente foi localizado.