Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avisos en toda Galicia por vento, chuvia e risco de desbordamento do río Lérez

Avisos en toda Galicia por vento, chuvia e risco de desbordamento do río Lérez

Pontevedra pasou nun mes dunha prealerta por seca a outra por risco de desbordamento do río Lérez

G24.gal 22/11/2022 19:50

As chuvias tamén provocaron o desbordamento de varios ríos. Agora mesmo preocupa o aumento do caudal do Lérez, en Pontevedra, onde xa se activou o protocolo por risco de inundacións.

As autoridades insisten na necesidade de extremar as precaucións para evitar riscos, abandonar as actividades que se realicen nas contornas dos espazos fluviais, retirar os vehículos  da marxe dos ríos e evitar atravesar pontes e torrentes.

Pontevedra pasou nun mes dunha prealerta por seca a outra por risco de desbordamento do río Lérez. Malia os chamados a extremar as precaucións, a cidade segue co seu ritmo cotián. Só ás marxes do Lérez amosan a altura que acadou o río á hora da preamar. 

Hai chuvia especialmente xenerosa na provincia de Ourense, con varias localidades en que se rexistraron mais de corenta litros por metro cadrado.

Mantense o aviso amarelo, igual ca en Pontevedra, e mesmo as termas da Chavasqueira, reabertas hai un mes despois de case tres anos pechadas, están asolagadas tras as fortes precipitacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos