Cargando resultados...
Aviso laranxa no litoral e amarelo por neve na montaña de Ourense
As ondas poderían alcanzar os seis metros de altura e a neve podería afectar a A-52
O Cebreiro, Lugo. EFE/Eliseo Trigo/En directo, cámara web da CSAG en Cabeza de Manzaneda
G24.gal
15/01/2026 21:45
Última actualización 16/01/2026 09:15
A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou un aviso laranxa en todo o litoral galego para este venres, 16 de xaneiro, por mar combinada do noroeste nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
As ondas poden alcanzar os seis metros de altura.
Aviso amarelo por neve na montaña de Ourense
A Aemet establece tamén un aviso amarelo na montaña de Ourense para este venres.
Espéranse acumulacións de ata cinco centímetros en 24 horas. A cota de neve situarase entre os 1.000 e os 1.200 metros.
As acumulacións poden afectar a autovía A-52 no límite con Seabra.