Aumentan os abandonos de mascotas despois do Nadal
O Seprona investiga o abandono dun can ás portas do refuxio de Pontevedra
Estas imaxes, que amosan o intre en que dúas persoas deixan un can atado e abandonado a carón do refuxio pontevedrés dos Palleiros, xa están en poder do Seprona.
A presenza das cámaras non frustrou a acción cruel, que posiblemente acabou coa vida do animal.
Neste refuxio xa entraron tantos cans novos como días leva o ano que acaba de estrearse.
As datas do Nadal non semellan boas para as mascotas, e iso que as normas de entrega da canceira teñen por obxectivo que os animais non se convertan en agasallos inesperados ou en caprichos pasaxeiros.
Segundo a Fundación Affinity, España lidera o abandono de animais en Europa, con 700 mascotas que acaban cada día en canceiras ou nas rúas e estradas.