Aumentan os contaxios da covid por confusión coa gripe
Hai que chamar antes de acudir ao centro de saúde cando alguén ten síntomas compatibles coa covid
A gripe e a covid poden confundirse de tal xeito que leven a que os doentes baixen a garda. De feito, a Consellaría de Sanidade está a detectar un aumento dos contaxios por parte de doentes que acudiron ao seu centro de atención primaria pensando que tiñan a gripe, cando en realidade os síntomas eran de covid, e presentánse no centro de saúde co risco de contaxio para o resto de usuarios.
Segundo Juan José Sanchez Castro, Xefe de atención primaria no centro de saúde da Estrada, "a xente cando ten síntomas compatibles non pensan na covid porque están vacinados e pensan que están protexidos, pero a protección non é completa. Unha das cousas que hai que facer é quedar na casa e contactar telefónicamente co centro de saúde".
As vacinas evitan as consecuencias graves da covid, mais os especialistas insisten: ademáis de vacinarse cómpre seguir mantendo as normas sanitarias recomendadas durante toda a pendemia.
"Hai que seguir sendo responsables por nós e polos demáis, especialmente polos nosos maiores. Isto implica ter en conta os emes: o da máscara, o dos metros de distancia, o de menos xuntanzas e máis ventilación, e o de quedar na casa".
No caso de sufrir síntomas, antes de acudir ao centro médico, o Sergas habilitou un teléfono de atención para aclarar os pasos a seguir, que é o 881 540 045. Deste xeito, poderíanse reducir os contaxios, e máis nestas datas previas ao Nadal cando as xuntanzas cos seres queridos fan que moitos relaxen as medidas de precaución.