Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan o roubo de motos e quads na Costa da Morte e comarca do Xallas

Aumentan o roubo de motos e quads na Costa da Morte e comarca do Xallas

O último foi o dunha moto, valorada en 5.000 euros, esta fin de semana en Santa Comba 

G24.gal 27/02/2024 13:48

Os roubos de motos e quads parece que están á orde do día nos últimos meses na Costa da Morte e na comarca do Xallas. O último tivo lugar na madrugada do sábado en Santa Comba e os ladróns levaron unha moto valorada nuns 5.000 euros. O dono do vehículo, natural de Lugo, participara nunha ruta organizada polo Motorclub de Dumbría. 

O que ía ser unha fin de semana para gozar da súa paixón polas motos con amigos rematou volvendo á casa sen a súa moto. Martín, do MotorClub Trotamontes de Pol, participaba esta fin de semana nunha ruta organizada polo club Vákner de Dumbría. Para repoñer forzas el e sete amigos máis quedaran a durmir neste hotel de Santa Comba.

A moi poucos metros do hotel estaban as motos. Os ladróns cortaron os cabos que as suxeitaban ao remolque e subtraeron unha delas, valorada na actualidade en 5.000 euros, e a outra deixárona tirada no chan. Inmediatamente chamaron á Garda Civil. 

Segundo nos confirmaron, tanto o club de motor de Dumbría como de Santa Comba, o roubo destes vehículos, así como quads, aumentaron nos últimos meses. Moitos non chegan a interpor denuncia e nalgúns casos mesmo reciben chamadas de terceiros ofrecéndolles a posibilidade de recuperalos pagando entre 1.500 e 2.000 euros.

Martín si denunciou e agarda que a investigación da Garda Civil dea cos autores do roubo e poida amais recuperar a súa moto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar