Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as consultas en atención primaria por trastornos da conduta alimentaria

Aumentan as consultas en atención primaria por trastornos da conduta alimentaria

Os médicos alerta do impacto negativo das redes sociais, especialmente tras a pandemia

G24.gal 16/06/2024 14:35

Os trastornos da conduta alimentaria, como a bulimia e a anorexia nerviosa, son xa un dos problemas de saúde mental con maior impacto sanitario. Detectalos en fases iniciais e derivar canto antes os pacientes ás unidades de saúde mental mellora significativamente o prognóstico dunhas patoloxías que transcenden a esfera do físico e causan un enorme sufrimento.

"Problemas derivados da identidade, da baixa autoestima, medo a non ser aceptados, perda de autoconfianza. Son pacientes vulnerables fronte aos patróns sociais de beleza que imperan na actualidade", explica Julia Ruiz, coordinadora do Grupo de Traballo de Saúde Pública da SEMG.

Os médicos de atención primaria alertan dun aumento dos casos en idades cada vez máis temperás e poñen o foco nas redes sociais, que proxectan ideais de beleza irreais e inalcanzables. A maior incidencia dáse entre  adolescentes e mulleres novas. Neste grupo, as consultas en atención primaria medraron case un 10 % nos últimos anos. As condutas de risco aparecen xa en nenos pequenos. 

"Un 11 % de adolescentes presentan condutas de risco. A restrición de alimentos aparece en nenos moi pequenos, cos déficits nutricionais", alerta Guadalupe Blay, responsable do Grupo de Traballo de Endocrinoloxía e Nutrición da SEMG

Os médicos insisten na importancia de intervir con programas especiais adaptados á realidade individual de cada paciente. Cómpre deseñar un plan específico a partir unha visión personalizada da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar