Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o consumo de roupa de segunda man

Aumenta o consumo de roupa de segunda man

Multinacionais como Inditex abren as súas propias tendas en liña

G24.gal 21/01/2023 21:00 Última actualización 21/01/2023 21:38

A industria téxtil é a segunda máis contaminante do planeta, pero cada vez son máis as persoas concienciadas que buscan alternativas sostibles nas tendas roupa de segunda man, negocios que sacoden os prexuízos do pasado, cunha clientela moi ecléctica.

Que a roupa de segunda man está de moda próbao o feito de que grandes multinacionais como Inditex aposten pola súa propia tenda en liña de pezas usadas, polo momento, só operativa no Reino Unido. É o futuro dun sector no que marca o paso un consumidor novo e con conciencia ambiental.

Segundo a ONU, actualmente mercamos un 60 % más de roupa que hai unha década e tirámola logo de usala unha media de dez veces debida á baixa calidade da moda fast fashion, un modelo insostible en plena loita contra o cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade