Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as doazóns de córneas no hospital de Ourense

Aumentan as doazóns de córneas no hospital de Ourense

Bateu o seu récord con 168 o último ano, o que permitiu 31 transplantes no centro hospitalario ourensán 

G24.gal 12/02/2024 14:42

O aumento de doazóns de córneas no hospital de Ourense no último ano permitiu que este centro hospitalario realizase 31 transplantes corneais dende xaneiro de 2023. As novas técnicas cirúrxicas posibilitan transplantar a parte da córnea que está máis afectada e cambiar o cristal do ollo para que o paciente mellore a agudeza visual. 

"Mellorou moito nos últimos tempos e, como dicía, podemos agora transplantar a córnea só por capas, facendo moitas máis técnicas cirúrxicas e con moito mellor prognóstico para o paciente", di a oftalmóloga Betty Lorente.

Esta técnica está a dar moi bo resultado en pacientes novos, con distrofia corneal, en moitos casos hereditaria.

"E esta vai sobre todo para xente máis nova, e con esta técnica que se pode facer e co das capas mellora o rexeitamento e a agudeza visual que se pode ter", sinala a oftalmóloga María Mira.

O perfil dos pacientes que necesitan un transplante de córnea é amplo, dende persoas novas a pacientes de idade avanzada. A semana pasada o Hospital Universitario de Ourense realizou un transplante corneal a un rapaz de 19 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade