Publicador de contidos

Publicador de contidos

Augas de Galicia inicia un expediente para sancionar a empresa da mina de San Finx

Augas de Galicia inicia un expediente para sancionar a empresa da mina de San Finx

As verteduras amosaron valores superiores aos permitidos de cádmio, cobre e zinc

G24.gal 31/08/2023 14:35

Augas de Galicia iniciou un expediente sancionador contra a empresa que xestiona a mina de San Finx polo incumprimento dos parámetros de vertedura.

O departamento autonómico deu este paso en base ás últimas analíticas realizadas por Augas de Galicia na contorna da mina “enmarcadas no labor constante de seguimento” de verteduras e que evidenciaron valores superiores aos permitidos en canto a tres parámetros: cádmio, cobre e zinc.

Os resultados das últimas analíticas mostran que os niveis de cádmio no río superan 78 veces os valores máximos permitidos, mentres que os do cobre son 48 veces superiores ao permitido e os de zinc, ata 8 veces.

En consecuencia, e tal e como establece a normativa, Augas de Galicia iniciou o correspondente expediente sancionador, xa que a Xunta insiste en que é preciso que a empresa execute unha planta depuradora que trate adecuadamente esas augas.

Augas de Galicia defende que este expediente demostra que o Executivo “está a actuar con total transparencia e a cumprir estritamente a normativa no caso da mina de San Finx”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade