Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segunda xornada de loito oficial en Vilaboa polo atropelo de dous veciños

Segunda xornada de loito oficial en Vilaboa polo atropelo de dous veciños

A igrexa de Santa Cristina de Cobres acollerá este luns o funeral conxunto de Luís Ríos e Antonio del Río

As bandeiras ondean a media hasta na casa do concello
G24.gal 19/03/2023 11:29 Última actualización 19/03/2023 14:54

O silencio e a tristeza nótanse en cada recuncho de Vilaboa. Soan as campás na igrexa de Santa Cristina de Cobres que este luns acollerá o funeral conxunto de Luís Ríos, de 79 anos, e Antonio del Río, de 67. Este domingo serán soterrados no camposanto próximo.

As bandeiras da casa do concello ondean a media hasta neste segundo día de loito pola morte dos seus veciños. Tamén se suspenderon todas as actividades lúdicas previstas.

Fronte á igrexa está o bar no que aconteceu o accidente, pechado a cal e canto. O Chancho é un dos locais máis concorridos da parroquia. As partidas diarias concentran un gran número de xente.

O venres pasado, un coche que estaba aparcado diante atropelou catro clientes habituais que xogaban ás cartas na terraza. Dous morreron e os outros quedaron feridos leves. Todo apunta a que o condutor trabucouse coa marcha.

Investigación

Fontes próximas ao caso confirman que o condutor está a ser investigado por un delito de homicidio imprudente. Porén, o xuíz de Cangas podería ter en conta que non hai agravantes e que todo apunta a un erro.

As pescudas están moi avanzada e as dilixencias levaranse ao xulgado a finais da vindeira semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade