Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraco nunha queixería de Ourense: a praceira pide axuda para dar co delincuente

Atraco nunha queixería de Ourense: a praceira pide axuda para dar co delincuente

O ladrón entrou no posto dunha coñecida queixería do mercado de Ourense e roubou a caixa e tras soprendelo a propietaria saíu correndo tras del

G24.gal 19/03/2023 13:57

Unha cámara situada na praza de abastos de Ourense captou a fuxida dun ladrón tras roubar nunha queixería do mercado.

Primeiro vese o delincuente de costas, deambulando por un corredor. Pasaban das tres da tarde do venres e moitos postos estaban pechando.

A dona de Queixos Amalia estaba limpando cando a sorprendeu o asaltante, que abriu a caixa e apoderouse da recadación dun par de días. Aínda que saíu correndo tras del non puido pillalo.

Denuncia que levou unha cantidade de cartos considrablee, xa que era o froito do vendido o xoves e o venres, día importante de negocio pola proximidade do Día do Pai.

"Non é o mesmo que rouben un xamón, para comer, que os cartos que ti ganas co teu traballo" asegura Amalia Mosteiro, dona do negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade