Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía detén un home por un roubo con violencia en Ourense

A policía detén un home por un roubo con violencia en Ourense

O propietario enfrontouse o ladrón que ía armado cunha barra de ferro

G24.gal 31/03/2022 14:05

A Policía Nacional de Ourense detivo un home por un roubo con violencia perpetrado nunha tenda 24 horas situada na zona universitaria. O asalto foi de madrugada, o ladrón entrou armado cunha barra de ferro esixindo os cartos da caixa. 

O propietario da tenda enfrontouse o ladrón, que acabou fuxindo coas mans baleiras. Os axentes deron con el pouco despois moi preto do lugar do roubo. 

O detido que xa pasou a disposición xudicial ten 49 anos, é natural de Ourense e un vello coñecido das forzas de seguridade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade