Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracan a punta de navalla un banco en Moraña

Atracan a punta de navalla un banco en Moraña

O presunto atracador ameazou un cliente cun obxecto punzante e esixiu os cartos da caixa

Fuxiu a pé cun botín que podería chegar os 3.000 euros

G24.gal 03/05/2023 14:27

"Naquel momento non tiven medo ningún, pero cando o tipo marchou collín algo de medo". Fala Xosé Manuel Parga, o único cliente que estaba na sucursal bancaria de Moraña cando entrou un home encapuchado e coa cara cuberta.  

"Nada máis entrou xa veu directo a min, púxome a man na cabeza e unha navalla nas costas". O presunto atracador colleuno como refén para esixir os cartos da caixa. A ameaza fixo efecto, "e o do banco deulle os cartos", conta Xosé. 

Di que o presunto atracador fuxiu correndo e que saíron detrás del, pero xa non lle deron alcance. Marchou cun botín que podería aproximarse aos tres mil euros.

Foi cedo -arredor das 8:30 da mañá- e non saltou a alarma, así que os veciños non se decataron do presunto atraco ata que chegou a Garda Civil. Buscan o home, que describe Xosé: "Tiña unha voz moi rara -di- e era pequeneiro".

Asegura que actuou encapuchado e coa cara cuberta cunha máscara e uns lentes. A Policía Xudicial da Garda Civil investiga o caso, e xa revisaron gravacións das cámaras de seguridade dos comercios da zona, por se deran algunha pista. Non se desbota que fuxira axudado por alguén máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos