Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atracan a plena luz do día nunha farmacia do barrio de Teis en Vigo

Atracan a plena luz do día nunha farmacia do barrio de Teis en Vigo

O asaltante levaba gorra, máscara e un coitelo de grandes dimensións

Levou os 120 euros que había na caixa

G24.gal 15/11/2022 13:30

A plena luz do día e cun coitelo de grandes dimensións. Unha farmacéutica do barrio de Teis en Vigo sufriu un asalto no seu establecemento. A farmacéutica intentou mediar co home que, coitelo en man, lle pedía os cartos da máquina rexistradora. Ía con gorra, máscara e un coitelo de grandes dimensións e levou os 120 euros que tiñan na caixa.

Nesta rúa Enrique Lorenzo, do barrio de Teis están afeitos e fartos de roubos. Pablo Pérez Enríquez, farmacéutico dun establecemento da mesma rúa di: "Eu fixen varias chamadas á policía días atrás dicindo sempre o mesmo: estamos a sufrir furtos continuos, sempre a mesma xente. Hai unha persoa que teñen perfectamente localizada que está a espoliar todas as farmacias da zona. Ao final din que poñamos a denuncia, pero o resultado é o mesmo, entran por un lado, saen polo outro, eles mesmos o saben, pero tampouco aumentan a vixilancia policial".

Engade, ademais, que "é unha rúa bastante escura, nós fixemos unha iluminación artificial da fachada. A partir das oito da tarde, nós temos horario ampliado, a xente non se achega á farmacia polo tipo de rúa que é. Xa sabemos que é unha zona conflitiva e agora máis, e aproveito para lembrarlles que como non aumente a vixilancia policial por aquí imos ter unha desgraza". 

Mentres, adoptan medidas e confían nas forzas de seguridade para que os roubos non vaian a máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos