Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraca un banco a punta de pistola e foxe con 110.000 euros nun carriño da compra

Atraca un banco a punta de pistola e foxe con 110.000 euros nun carriño da compra

A Policía Nacional revisa as cámaras da oficina, situada no centro de Vigo, para tentar identificar o sospeitoso

G24.gal 05/04/2025 17:08 Última actualización 05/04/2025 17:39

Un home atracou este venres a punta de pistola unha oficina do Banco Sabadell, no centro de Vigo, en horario de atención á clientela.

O asaltante, que ía coa cara tapada, ameazou cunha arma de fogo o persoal e agardou quince minutos a que abrisen a caixa forte. 

Ao final, marchou cun botín duns 110.000 euros que cargou nun carriño da compra para fuxir despois pola avenida da Florida.

A Policía Nacional revisa as cámaras de seguridade da entidade bancaria e da contorna para tratar de identificar o sospeitoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade