Publicador de contidos

Publicador de contidos

A CNMV autoriza a opa do BBVA sobre o Banco Sabadell, que se lanzará o luns

A CNMV autoriza a opa do BBVA sobre o Banco Sabadell, que se lanzará o luns

Ofrece aos accionistas unha acción do BBVA mais o pago de 0,70 euros en metálico por cada 5,5483 títulos do banco catalán

O BBVA contempla comprar só o 30 % do Sabadell para que a opa sexa existosa

Europapress Europapress
G24.gal 05/09/2025 10:32 Última actualización 05/09/2025 18:00

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) autorizou este venres a opa do BBVA sobre o Banco Sabadell.

O prezo ofrecido polo BBVA aos accionistas do banco catalán é dunha acción do BBVA mais o pago de 0,70 euros en metálico por cada 5,5483 títulos do Sabadell. Non presenta cambios respecto a última actualización da ecuación de troco que a entidade realizou o pasado 29 de agosto.

Segundo informou o supervisor bolsista, a opa do BBVA, presentada o 24 de maio de 2024, foi autorizada ao considerar axustados os seus termos ás normas vixentes tras considerar suficiente o contido do folleto explicativo presentado polo BBVA tras as últimas modificacións que rexistrou o pasado mércores 3 de setembro

O calendario da opa

O BBVA lanzará a súa opa hostil sobre o Sabadell o vindeiro luns, 8 de setembro, e finalizará o 7 de outubro.

O 18 de setembro, o consello de Banco Sabadell deberá emitir un informe sobre a súa postura ante esta operación.

O 14 de outubro publicaranse os resultados da oferta e entre o 17 e o 20 de outubro procederase á liquidación da mesma.

A oferta, avalada pola CNMV, diríxese ao 100 % do capital social de Banco Sabadell.

Banco Sabadell cualifica de "pobre" a oferta do BBVA e asegura que é peor cá rexeitada en 2024

Banco Sabadell cualificou este venres de “pobre” a oferta presentada por BBVA aos seus accionistas, asegurando que se basea en hipóteses “pouco realistas” e que resulta incluso “peor cá que xa rexeitou o consello” en maio de 2024, cando se lanzou a opa. A entidade sostén que a proposta “infravalora o proxecto en solitario” do banco catalán.

Así o expresou o Sabadell nun comunicado tras a publicación do folleto autorizado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) sobre a oferta de adquisición de BBVA. O período de aceptación abrirase o luns 8 de setembro e rematará o 7 de outubro.

Deste xeito, a entidade volve insistir no seu rexeitamento á operación, en liña coa postura xa expresada cando BBVA lanzou a opa en maio do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade