Cargando resultados...
Atopan vivo o home de 76 anos desaparecido en Carballo o pasado sábado
Estaba nun monte próximo ao lugar onde desapareceu

G24.gal
17/10/2022 19:17
Última actualización 18/10/2022 00:12
Ou home de 76 anos que permanecía desaparecido desde o sábado en Carballo apareceu na tarde deste luns a 500 metros da súa casa, na parroquia de Verdillo.
Luciano Bonometti, que faltaba do seu fogar desde había dous días, foi atopado por unha veciña que participa nas tarefas de procura.
O home, que padece alzhéimer, foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña cun cadro de deshidratación e hipotermia.
