Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha ara romana atopada en Aranga podería ser parte dun templo dedicado a Xúpiter

Unha ara romana atopada en Aranga podería ser parte dun templo dedicado a Xúpiter

Trátase dun altar votivo de 62 centímetros de alto, 32 de ancho e 7 de fondo

 Pasará a formar parte do Museo das Mariñas de Betanzos 

G24.gal 16/03/2023 14:46

A limpeza dunha casa en ruínas, situada en San Vicente de Fervenzas, sacou á luz un chanzo que, lonxe de ser unha simple pedra, agochaba unhas inscricións que xa fixeron aos seus propietarios pensar en que podería ser un vestixio romano.

Trátase dun altar votivo de 62 centímetros de alto, 32 de ancho e 7 de fondo. Malia que a súa datación aínda está por determinar, sábese que pertence á época romana.

Non é o primeiro nin o único vestixio romano atopado neste lugar o que fai pensar na existencia dun asentamento na zona. 

Tras poñer en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio o achado, a ara pasará a formar parte do Museo das Mariñas de Betanzos por desexo da súa propietaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade